Son Sara Martínez Gutiérrez, letrada nº 2977 do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela dende fai oito anos.
Teño unha ampla experiencia nos distintos campos do Dereito civil e penal, con intervencións profesionais en toda Galicia.
Colaboro con grandes despachos de avogados, como o de Jesús Alonso Álvarez, e tamén presto a miña asistencia letrada na Quenda de Oficio, porque a defensa xurídica debe ser de calidade e accesible para tod@s.