Os xuros (intereses) aplícanse como penalización polo incumprimento dunha obrigación de pago, coa finalidade de reparar o prexuízo causado ao acredor polo retraso nese pago.

I. Diferentes tipos de xuros

Existen diferentes tipos de xuros, por unha banda os moratorios (ou de demora) e, por outra, os procesuais. Aínda que ambos os dous comparten obxectivos semellantes e son complementarios, teñen importantes diferenzas:

  • Regulación: os xuros moratorios regúlanse nos artigos 1.100 e seguintes do Código Civil, mentres que os xuros procesuais están regulados no artigo 576 da Lei de Axuizamento Civil.

Incurren en mora los obligados a entregar o a hacer alguna cosa desde que el acreedor les exija judicial o extrajudicialmente el cumplimiento de su obligación.    

No será, sin embargo, necesaria la intimación del acreedor para que la mora exista:

1.º Cuando la obligación o la ley lo declaren así expresamente.

2.º Cuando de su naturaleza y circunstancias resulte que la designación de la época en que había de entregarse la cosa o hacerse el servicio, fue motivo determinante para establecer la obligación.

En las obligaciones recíprocas ninguno de los obligados incurre en mora si el otro no cumple o no se allana a cumplir debidamente lo que le incumbe. Desde que uno de los obligados cumple su obligación, empieza la mora para el otro.

Artículo 1100 Código Civil

1. Desde que fuere dictada en primera instancia, toda sentencia o resolución que condene al pago de una cantidad de dinero líquida determinará, en favor del acreedor, el devengo de un interés anual igual al del interés legal del dinero incrementado en dos puntos o el que corresponda por pacto de las partes o por disposición especial de la ley.

2. En los casos de revocación parcial, el tribunal resolverá sobre los intereses de demora procesal conforme a su prudente arbitrio, razonándolo al efecto.

3. Lo establecido en los anteriores apartados será de aplicación a todo tipo de resoluciones judiciales de cualquier orden jurisdiccional, los laudos arbitrales y los acuerdos de mediación que impongan el pago de cantidad líquida, salvo las especialidades legalmente previstas para las Haciendas Públicas.

Artículo 576 Intereses de la mora procesal
  • Finalidade: os xuros moratorios pretenden reparar o dano polo retraso no pago, mentres que os xuros procesuais pretenden que se cumpra de forma inmediata cunha resolución xudicial, evitando que a dilación provocada pola interposición de recursos prexudique ao acredor.
  • Petición: na práctica, a diferenza máis importante é que os xuros moratorios deben solicitarse EXPRESAMENTE na demanda, mentres que os xuros procesuais aplícanse de oficio polo Xulgado, isto é, non é preciso que a parte os solicite pois xa se aplican automaticamente desde que se dita a sentenza condenando ao pago.

II. Cálculo

Os xuros moratorios calcúlanse desde que se realizou a reclamación extraxudicial (burofax) ou xudicial (demanda) da débeda, pois o debedor incorre en mora desde que ten coñecemento da existencia da débeda e da súa reclamación. Se non se pactaron expresamente os xuros moratorios entre as partes, aplícase o legal, actualmente un 3%.

Si la obligación consistiere en el pago de una cantidad de dinero, y el deudor incurriere en mora, la indemnización de daños y perjuicios, no habiendo pacto en contrario, consistirá en el pago de los intereses convenidos, y a falta de convenio, en el interés legal.

Artículo 1108 Código Civil (en relación con art.1.100 CC).

En cambio, os xuros procesuais calcúlanse desde a data da sentenza. Tamén se lles aplica a porcentaxe que tivesen pactado expresamente as partes pero, se non o acordaron, aplícase o xuro legal incrementado en dous puntos, actualmente (a maio de 2021) un 5%.

Exemplo: Bernardino ten unha débeda con Edelmira de 6.000 euros que debía abonar antes do 31 de decembro do 2020, sen que pactaran ningún tipo de xuro moratorio. Bernardino non fai fronte ao pago no prazo previsto e o 11 de xaneiro do 2021 Edelmira presenta unha demanda reclamando o pago da débeda e os xuros moratorios. O 24 de maio dítase a sentenza condenado a Bernardino ao pago dos 1.000 euros máis os xuros moratorios e procesuais.

  • Os xuros moratorios calcúlanse desde o 11 de xaneiro do 2021 (data de presentación da demanda) ata o 23 de maio do 2021 (o día antes da data da sentenza), son 133 días. Como non pactaran ningún tipo de xuro moratorio, aplicamos o xuro legal do diñeiro, a día de hoxe (maio de 2021) 3%. Total: 65,59€
  • Os xuros procesuais calcúlanse desde o 24 de maio (data da sentenza) ata que Bernardino pague a cantidade debida. Se paga o 30 de xuño de 2021, terían transcorrido 38 días aos que aplicamos unha porcentaxe de xuros do 5% (xuro legal do diñeiro máis dous puntos). Total: 31,23€

III. Intereses moratorios por débedas entre empresarios

Os xuros moratorios por débedas contraídas entre empresarios ou comerciantes teñen unha regulación especial prevista na Lei 3/2004, de 29 de decembro, de medidas de loita contra a morosidade.

Nestes supostos, o xuros moratorios, teñen as seguintes peculiaridades:

1. Calcúlanse os xuros desde o vencemento do prazo para o pago, non desde o requirimento extraxudicial ou xudicial (demanda). No caso das facturas, desde o día do seu vencemento, sen necesidade de efectuar ningún aviso de vencemento ao outro empresario ou comerciante.

2. Se non se pacta un xuro moratorio expreso, aplícase o tipo de xuro establecido polo Banco Central Europeo, publicado cada 6 meses polo Banco de España. Actualmente (a maio de 2021) é un 8%.

Polo tanto, seguindo o exemplo anterior, se a débeda de Bernardino con Edelmiro fose debido a súa actividade empresarial, os xuros procesuais, serían similares pero os xuros moratorios calcularíanse desde o 31 de decembro de 2021 (data de vencemento da débeda) aplicando, en lugar do 3% do xuro legal do diñeiro, un 8% por se unha débeda comercial, resultando un total de 188,05€ de xuros moratorios (fronte aos 65,59€ do suposto anterior).

Como podemos ver, a diferenza é importante, polo que é unha variante que se debe ter en conta á hora de redactar a demanda, resultando imprescindible incluír expresamente na reclamación xudicial a petición dos xuros moratorios contemplados na Lei 3/2004 de loita contra a morosidade.

Categories:

Tags:

Comments are closed

Categorías
Arquivo
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad