Que é un exequátur?

O exequátur é un procedemento xudicial para o recoñecemento e execución en España de resolucións estranxeiras (de Estados non membros da UE) e firmes (aquelas que non se poden recorrer).

Regúlase na Lei 29/2015, de 30 de xullo, de cooperación xurídica internacional en material civil, no artigo 52 e seguintes.

O artigo 54.3 da Lei 29/2015, de 30 de xullo, establece a obriga de dirixir a demanda fronte a contraparte do procedemento orixe da resolución.

La demanda se habrá de dirigir contra aquella parte o partes frente a las que se quiera hacer valer la resolución judicial extranjera

Art. 54.3 Lei 29/2015 de 30 de xullo

Isto na práctica resulta moi problemático, pois leva moito tempo localizar e notificar a outra parte, sobre todo, cando reside nun estado estranxeiro. Por exemplo, para solicitar o recoñecemento en España dunha sentenza de divorcio venezolana, habería que dar traslado da demanda ao excónxuxe, aínda que resida en Venezuela, coa evidente demora na tramitación do procedemento para a homologación da resolución.


Excepcións da notificación á contraparte

Pese ao establecido na lei, os tribunais entenden que se o procedemento seguido no estado estranxeiro foi de mutuo acordo, non é necesario o traslado da demanda á outra parte. Neste casos, basta co previo traslado ao Ministerio Fiscal para ditar a resolución xudicial (que terá forma de Auto) concedendo o exequátur.

Así o vén entendendo o Tribunal Supremo desde fai décadas, toda vez que, constando a intervención da outra parte nun procedemento de mutuo acordo, pode presumirse que está conforme coa petición de recoñecemento da sentenza, pois ten pleno coñecemento da mesma. Desta forma, quedan perfectamente cubertas todas as garantías do dereito de defensa.

El art. 956 de la LEC (de 3 de febrero de 1.881)… impone el deber procesal de dar audiencia por término de nueve días a la parte contra la que se dirige la ejecutoria y al Ministerio Fiscal. Dicho deber que persigue dar satisfacción al más elemental derecho de defensa de quien puede resultar perjudicado por la decisión homologadora recaída en el procedimiento de exequatur, excepcionalmente, puede eludirse en beneficio de la celeridad o de economía procesal o, cuando, como es el caso, de los términos de la sentencia aportada de fecha 18 de noviembre de 1999, del Tribunal Unipersonal – Sección Civil- de Batllia de Andorra, se desprende de manera inequívoca, por su posición en el proceso o por su actuación en él, el esposo obtuvo con la resolución la plena satisfacción de sus pretensiones de forma que no pueda ahora sostener fundadamente interés contrario a la homologación que se persigue, máxime cuando en el Resultando (número cuatro) de dicha ejecutoria se recoge de forma expresa la aportación de los cónyuges de un Convenio, de fecha 5 de octubre de 1999 (posterior, por tanto, a la demanda principal y a la reconvencional), de cuyo contenido se ratificaron íntegramente y que quedó aprobado…

En el mismo sentido sentencias de 23 de septiembre de 2003 y 15 de julio de 2003.

Es de significar asimismo que ya el Ministerio Fiscal nada opuso a la estimación de la demanda de exequatur de la resolución que declaraba el divorcio de mutuo acuerdo de las partes, lo que reitera en ulterior informe de 5 de julio de 2012, todo lo cual determina en este punto el acogimiento de este motivo de apelación y la revocación de la resolución recurrida al haberse cumplido las exigencias que al efecto contempla la legislación vigente, debiendo, por lo tanto, reconocer la sentencia de divorcio objeto de este procedimiento y con las consecuencias legales inherentes a ello incluida, en su caso, y si procede, como se establecerá en el fallo de la sentencia y que se ajustará a lo que aquí se razona, la inscripción en el registro Civil Central, tal y como se postula por la parte recurrente.

Senteza da Audiencia Provincial de Madrid 479/2013 de 18 de xullo, Sección Vixesimosegunda (nº rec. 1340/2012)

Esta excepción de traslado da demanda de exequátur a outra parte tamén se prevé para os casos nos que o solicitante fora demandado no procedemento no que se ditou a resolución que se pretende homologar en España.

En cuanto al requisito 2º del mismo artículo 954, se tiene por probado que el solicitante de exequátur fue demandado en el juicio de origen, por lo que, según reiterado criterio de esta Sala, se han de tener por satisfechas todas las garantías que imponen el derecho de defensa y la proscripción de la indefensión (por todos, AATS de 24-3-98, 31-3-98, 7-4-98, 26-1-99, 13-4-99, 28-3-2000, 4-7-2000, 14-11-2000, 30-1-2001, 20-2-2001, 13-3-2001, 30-10-2001, 6-11-2001, 28- 12-2001, 22-01-2002, 16-7-2002, 15-10-2002 y 26-11-2002 entre otros).

Auto do Tribunal Supremo 9316/2003 de 23 de setembro (nº rec. 166/2003) fundamento xurídico 4º,

Pode que te decatases de que as anteriores resolucións foron ditadas estando vixente á normativa anterior (do ano 1881!) pero a redacción da Lei 29/2015, de 30 de xullo, de cooperación xurídica internacional en material civil, non modificou a regulación respecto ao traslado da demanda. Por tal motivo, o criterio interpretativo do Tribunal Supremo resultaría igualmente aplicable á normativa actualmente vixente.


Conclusións

Polo tanto, nos supostos de divorcios ou separacións de mutuo acordo, non se produce ningunha indefensión á parte demandada, nin se vulnera o seu dereito de defensa, por non darlle traslado da demanda.

Nestes casos presúmese que é coñecedora da resolución estranxeira, pois ditouse coa plena satisfacción das súas pretensións, sen que poida, con posterioridade, fundamentar un interese contrario á homologación desa resolución á que prestara conformidade.

Estas excepcións aplicadas polos tribunais son plenamente respectuosas cos principios de defensa, contradición e dereito a un proceso xusto, ademais de que permiten axilizar este tipo de solicitudes.

Todo o anterior sen prexuízo, loxicamente, de que se cumpran o resto de requisitos para a concesión do exequátur, como que a resolución a homologar sexa lícita en España e que reúna unha serie de requisitos formais para que sexa considerada como auténtica.

Categories:

Tags:

Comments are closed

Categorías
Arquivo
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad