Un dos motivos polos que me gusta ser avogada é porque indo de xulgado en xulgado vou coñecendo toda a xeografía de Galicia.

Tiven a sorte de estar en moitas sedes xudiciais en persoa, trámites telemáticos aparte: desde Betanzos a Tui e de Ribeira a Becerreá, pasando por Corcubión, Negreira, Noia, Padrón, Santiago, Ordes, Lugo, Chantada, Lalín, A Estrada, Caldas de Reis, Cambados, Pontevedra, Cangas, Ourense ou a Pobra de Trives.

Seguro que nin te imaxinabas que nalgún deses lugares houbese xulgado pero o certo é que todos eles son concellos “cabeza de partido xudicial” e, polo tanto, teñen un xulgado ou xulgados de primeira instancia e instrución.

O partido xudicial é unha unidade territorial integrada por concellos limítrofes, pertencentes a unha mesma provincia e a sede xudicial está situada no concello que sexa cabeza de partido xudicial, habitualmente o de maior número de asuntos xudiciais ou de poboación.


En Galicia existen 45 partidos xudiciais, ¿sabes cal é o xulgado do teu concello?

Na provincia da Coruña existen 14 partidos xudiciais, por orde alfabética son os seguintes:

  • A Coruña: abrangue os concellos de A Coruña, Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo e Oleiros.
  • Arzúa: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques e Touro.
  • Betanzos: Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, Sobrado, Vilarmaior e Vilasantar.
  • Carballo: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso.
  • Corcubión: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas.
  • Ferrol: A Capela, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.
  • Muros: Carnota, Mazaricos, Muros e Outes.
  • Negreira: A Baña, Brión, Negreira e Santa Comba.
  • Noia: Lousame, Noia e Porto do Son.
  • Ordes: Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo e Val do Dubra.
  • Ortigueira: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche e Ortigueira.
  • Ribeira: A Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira.
  • Santiago de Compostela: Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo e Vedra.
  • Padrón: Dodro, Padrón, Rianxo e Rois.

Na provincia de Pontevedra existen 13 partidos xudiciais, por orde alfabética son os seguintes:

  • A Estrada: A Estrada e Forcarei.
  • Caldas de Reis: Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.
  • Cambados: Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia e Sanxenxo.
  • Cangas: Cangas, Moaña e Vilaboa.
  • Lalín: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
  • Marín: Bueu e Marín.
  • O Porriño: Mos, O Porriño e Salceda de Caselas.
  • Ponteareas: A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño.
  • Pontevedra: Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas e Pontevedra.
  • Redondela: Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior.
  • Tui: A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui.
  • Vilagarcía de Arousa: A Illa de Arousa, Catoira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
  • Vigo: Baiona, Gondomar, Nigrán e Vigo.

Na provincia de Lugo existen 9 partidos xudiciais, por orde alfabética son os seguintes:

  • A Fonsagrada: A Fonsagrada, Baleira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
  • Becerreá: As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.
  • Chantada: Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada.
  • Lugo: Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, Meira, O Corgo Outeiro de Rei, Pol e Rábade.
  • Mondoñedo: A Pastoriza, A Pontenova, Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Ribadeo, Riotorto e Trabada.
  • Monforte de Lemos: A Pobra do Brollón, Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
  • Sarria: Láncara, Paradela, O Incio, O Páramo, Samos e Sarria.
  • Vilalba: Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.
  • Viveiro: Burela, Cervo, Foz, O Vicedo, Ourol, Viveiro e Xove.

Na provincia de Ourense existen 9 partidos xudiciais, por orde alfabética son os seguintes:

  • A Pobra de Trives: A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, O Bolo, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
  • Bande: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda e Verea.
  • Celanova: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Quintela de Leirado e Ramirás.
  • O Barco de Valdeorras: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
  • O Carballiño: Beariz, Boborás, Maside, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.
  • Ourense: A Peroxa, Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
  • Ribadavia: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva e Ribadavia.
  • Verín: A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
  • Xinzo de Limia: Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

Os Xulgados de Paz

Se o teu concello non é cabeza de partido xudicial (os marcados arriba en negriña) non ten xulgado ou xulgados de primeira instancia e instrución, pero si un Xulgado de Paz, que non existe nos municipios que son cabeza de partido.

Os Xulgados de Paz están servidos por un xuíz lego, é dicir, que non se lle esixe ter título de Dereito. É nomeado por concello por un prazo de 4 anos e só coñecen litixios de moi pequeno importe (ata 90€) e que non sexan de determinadas materias excluídas, polo que moi rara vez se acude a un Xulgado de Paz por tal motivo.

En cambio, si teño asistido a conciliacións, que deberán celebrarse ante o Xulgado de Paz do domicilio do conciliado, se non reside nun concello que sexa cabeza de partido xudicial.

Categories:

Tags:

Comments are closed

Categorías
Arquivo
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad